Esta mañá a conselleira de Política Social e Xuventude visitou a residencia de maiores pública autonómica da Pobra do Caramiñal, onde se realizaron diversas obras de mellora cunha inversión da Xunta de 500 mil euros. Os traballos centráronse na fachada ademais da colación dun sistema de illamento térmico exterior, para manter a temperatura no interior e reducir o consumo.

