O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá a firma tecnolóxica Marexi Advanced Technologies, beneficiaria da primeira edición do programa Investigo, encadrado no Plan Emprega Xuventude para facilitar a contratación da mocidade galega en eidos punteiros como a investigación, a tecnoloxía ou a innovación . Nese escenario o titular do Goberno galego sinalou que a Xunta destinará este ano case 30 millóns de euros ao Plan Emprega Xuventude co obxectivo de beneficiar a 2.000 mozos e mozas galegos.

