As embarcacións levan sen abandonar os pantaláns de Testal dende o día 4 de xaneiro polo parón da campaña marisqueira habitual destes tempos. Logo dun inicio complicado pola presenza da toxina na ría de Muros-Noia, o patrón maior da confraría noiesa, Santiago Cruz, define o que vai de temporada como regular.

