O feito de non incluír o pescado na actual redución do IVE nos alimentos de primeira necesidade, esta sendo un tema moi debatido. Recentemente, o sector pesqueiro galego enviou conxuntamente unha carta ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, con vistas a reconsiderar de maneira urxente a decisión de non reducir o imposto dos produtos pesqueiros, que actualmente contan cun 10% de IVE.

