Tan só falta unha semana para que os Reis Magos deixen os seus agasallos debaixo da árbore, e os concellos da comarca xa planificaron a visita das Maxestades Reais. O vindeiro xoves Melchor, Gaspar e Baltasar estarán na Pobra do Caramiñal e percorrerán o municipio na súa totalidade.

