Decembro abre o ciclo de conferencias en homenaxe a Victoriano García Martí na Pobra do Caramiñal. Esta cuarta edición deu comezo o venres coa conferencia “O cabaleiro da Pobra e unha reveladora novela”, con Esperanza Mariño Davila quen repasou a traxectoria persoal e profesional do intelectual amais de falar da “Don Severo Carballo”.

