A Xunta de Galicia a través das axudas do programa Emega de apoio ao emprendemento e ao emprego feminino contou nesta ocasión cunha gran presenza na comarca. O delegado do Goberno galego na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou en Noia acompañado do alcalde da localidade, Santiago Freire, un dos establecementos beneficiarios desta axuda: Agarimos Puericultura. Un negocio que ten apenas medio ano de vida e para o que foi importante esta achega.

