A xornada Balance e perspectivas de futuro do Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía de Galicia concluíu hoxe a súa andadura en Santiago coa participación de preto de 200 representantes municipais. Neste escenario a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, sinalou durante a súa intervención que Galicia asume o compromiso europeo de reducir as emisións de gases nun 57% en 2030 e no avance cara a unha comunidade neutra, verde e resiliente.

