A folga indefinida convocada a medianoite deste luns pola Plataforma Nacional en Defensa del Sector del Transporte, ten pouca repercusión na comarca onde está mañá o tráfico mercantil discorría con normalidade.
Os polígonos de Ribeira e na Pobra do Caramiñal amencían sen novidades esta primeira xornada de folga indefinida.
Así dende as asociacións maioritarias de transporte de Galicia como a Federación Galega de Transporte de Mercancías -Fegatramer ou a Asociación Galega de Empresarios de Transporte na Coruña -Ascentra anunciaron que se desvinculaban deste parón, que ten máis incidencia na capital española.
A convocatoria desta folga chega nun momento complicado para o sector, xa que están próximas datas destacadas como o black friday o a campaña de Nadal que arrancará nas próximas semanas. Ademais doutros sectores afectados por esta folga como o gandeiro.

