O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda xunto coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ether Vázquez, mantivo esta mañá unha reunión cos transportistas afectados polos cortes na A-6, derivados do derrubamento do viaduto e, esixiu ao Goberno central unha solución que dea resposta ás necesidades dos transportistas.
Neste senso, os representantes do sector propuxeron solucións como poder empregar o desvío actual habilitado en sentido entrada a Galicia, en lugar de en sentido Madrid como ata agora. E, no caso da saída, empregar a nacional, pasando polo centro de Pedrafita. Neste senso, segundo destacaron evitaríase a forte pendente e curva do desvío en sentido Madrid, que complica o paso dos camións pola zona.
Ademais, Rueda referiuse á convocatoria por parte do Gobierno central dunha reunión cos representantes institucionais de Galicia e Castilla e León para o próximo día 15. Unha cita onde espera que aclaren as causas do colapso e se acorden medidas para facilitar o tráfico na zona.

