Os maiores de Ribeira volven xuntarse. Logo de dous anos sen celebración, case un milleiro de persoas asistiron ao encontro das persoas maiores este domingo. Unha xornada que arrancou coa misa solemne ao mediodía no templo parroquial de Santa Uxía, oficiada polo cura Alfonso Mera e que contou coa intervención da Coral Polifónica Municipal de Ribeira.
De seguido, abríronse as portas do recinto polideporttivo para recibir aos comensais, que foron benvidos polo alcalde.

