A Superliga de Voleibol disputará esta fin de semana a súa sexta xornada. Nesta ocasión o Boiro Voleibol viaxará a terras baleares, concretamente á casa do Conectabalear Manacor. O adestrador do equipo barbanzán afirma que un dos aspectos no que o equipo debe mellorar é na súa saída ao encontro, que agarda que nesta ocasión sexa unha saída coa máxima intensidade.

