A castaña toma protagonismo este novembro. A Pobra do Caramiñal recupera o Magosto Arrancadeira este sábado 5 de novembro na praza Alcalde Segundo Durán . Un festexo que naceu en 2019 e pretende enxalzar a gastronomía galega outonal onde a castaña é a estrela.

