Esta fin de semana agárdase que o ocio nocturno da comarca volva a vivir un Samaín cheo de xente. Logo de dous anos nos que as restricións marcaron a folla de ruta das noites, neste 2022 esperan recuperar a afluencia da xente que quere desfrutar da noite máis terrorífica do ano e da súa previa.

