A Consellería do Mar destina 120.000 euros a mellora das instalacións portuarias de Noia

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, desprazouse esta mañá ata Noia, para comprobar as obras que se están a realizar nos pantaláns do porto de Testal, e as deficiencias da estrada de acceso á zona portuaria de Noia. Durante a visita o presidente do ente portuario estivo acompañado polo xefe das obras, o patrón maior e persoal de Portos.
Durán Hermida explicou que Portos está a executar a reparación dos pantaláns e o dique aboiante do peirao de Testal. En concreto as obras consisten na reposición dos elementos de fixación e suxeición da estrutura e a reparación de 16 fingers. Así mesmo estanse a reconstruír as unións entre módulos de formigón e a retirada dos elementos danados.En canto ao dique flotante os traballos consisten na reparación dos pilotes danados polo efecto do mar; a reparación e reconstrución das unións entre módulos e a reposición das anelas e pezas situadas nos extremos dos módulos. Estes traballos contan cun investimento de 58.000 euros e a súa finalización está prevista para o vindeiro mes de agosto.

Durante a súa visita, o presidente de Portos indicou tamén que se están a tramitar as obras de pavimentación do vial de acceso á zona portuaria de Noia. Os traballos consistirán no fresado do pavimento existente e colocación dun novo de 6 centímetros de espesor, así como o repintado da sinalización horizontal. Esta obra conta cun orzamento estimado de 60.000 euros e un prazo de execución previsto dun mes.

https://www.youtube.com/watch?v=9DAYywiV2pE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.