O Samaín festéxase este sábado 29 de outubro, na Pobra do Caramiñal. Será a partir das oito e media da noite, cunha proposta de lecer dirixida á mocidade maior de 12 anos.
Haberá xardíns terroríficos pola alameda con personaxes de medo, música , iluminación e decorados. Non faltará a música, pois a macrodiscoteca a cargo de Chocolate Disco Móvil, amenizará a noite no interior do toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán, que acollerá tamén a primeira actividade en caso de chuvia.

