20 noviembre, 2026
Image default

LIBROS E BIBLIOTECAS. A PARELLA QUE NUNCA PASA DE MODA

Mergullarnos nas páxinas e botar a mente a imaxinar é a maxia que nos brindan os libros. E onde mellor lugar para nadar polas follas dos libros, que nas bibliotecas. Eses recunchos onde somos libres de crear universos, a través das letras.

Este luns conmemorase o Día das Bibliotecas e en Ribeira, preto de 50 pequenos e pequenas do colexio Sagrado Corazón de Xesús de Castiñeiras, gozaron dun tempo de lecer rodeados da mellor compañía. A rapazada de educación infantil e a primeiro e segundo de primaria, estiveron a realizar diferentes traballos na sala de estudo da biblioteca local, ademais visitaron a exposición fotográfica “Xanelas” de José Luis Rodríguez Ruza, na sala de exposicións do veciño Centro Cultural Lustres Rivas.

Related posts

O MEXILLÓN REDUCE A SÚA CALIDADE DESPOIS DO VERÁN

CloudyX

A FEDERACIÓN GALEGA DE NATACIÓN BUSCA LÍDER

CloudyX

OS EQUIPOS DE EMERXENCIAS DA COMARCA INCREMENTAN AS SÚAS SAÍDAS POLAS INCIDENCIAS REXISTRADAS CO ARRANQUE DO MAL TEMPOOS EQUIPOS DE EMERXENCIAS DA COMARCA INCREMENTAN AS SÚAS SAÍDAS POLAS INCIDENCIAS REXISTRADAS CO ARRANQUE DO MAL TEMPO

CloudyX