O próximo 29 de outubro os socios dos pósitos galegos serán chamados ás furnas. Son máis de 3000 socios das confrarías de Ribeira, Aguiño, Palmeira, A Pobra, Cabo de Cruz, Rianxo, Porto do Son, Portosín, Noia, Muro, Lira e O Pindo.
Nesta primeira cita electoral serán elixidos os vocais das 12 xuntas xerais, divididos entre armadores e traballadores.
Na confraría de Ribeira hai 48 candidatos á xunta xeral.

