Volve a vacinación contra a covid-19. Os vacinódromos abren para administrar unha cuarta dose. Nesta ocasión, os protagonistas son os maiores da comarca que teñen que volver pór o brazo. Un xesto xa cotián durante estes últimos anos. Moitos deles, agardan a súa quenda para conseguir unha protección dobre, xa que está previsto administrar tamén a vacina contra a gripe.
