O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acudiu esta mañá ao acto de entrega e distincións ao persoal do corpo de Policía Local e das medallas ao mérito policial, que se celebrou na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada. Nese escenario destacou e agradeceu aos membros dos corpos e forzas de seguridade a súa dedicación para facer de Galicia un dos mellores lugares para vivir, traballar e tamén visitar.
