Ás 12.35 horas de hoxe produciuse un accidente no punto kilométrico 34 da Autovía do Barbanza, cando un vehículo que circulaba en dirección a Ribeira bateu contra a zona de terra que limita a estrada e rematou na mediana. Os bombeiros de Ribeira foron os primeiros en chegar ata o lugar, alertados polo 112. Unha vez ma zona, os bombeiros comprobaron que os dous ocupantes do vehículo permanecían no seu interior, aínda que non estaban atrapados. Antes de movelos, colocáronlles uns collaríns para evitar lesións e unha vez chegou o 061 foron trasladados ao Hospital do Barbanza con feridas leves.
