Os veciños da comarca recibiron cos brazos abertos as primeiras chuvias de setembro, que chegan tras un verán raramente cálido e seco. Logo de levar semanas mirando ao ceos agardando a caída de auga ante a escaseza de reservas nos embalses, a xente deu a benvida cun sorriso pouco habitual a chegada destas precipitacións.
