A escaseza de choiva e a situación dos embalses está a preocupar ao Goberno galego e aos concellos. Este é un verán atípico no que primaron as altas temperaturas e a falta de chuvia, similar ao 2017, cando houbo seca. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, apunta que a prioridade para a Xunta é garantir o subministro de auga para as persoas e os animais.
