A Xunta de Galicia vén de publicar a resolución do proceso de contratación co que adquiriu por 407.777 euros un novo equipo de tomografía axial computerizada (TAC) para o hospital comarcal da Barbanza. O novo equipo está destinado a renovar tecnoloxía xa dispoñible no hospital pero que contaba cunha antigüidade superior aos 10 anos.
