Agora si, tras varios anos nos que a pandemia provocaba que a tradicional festa de Pon un Sancosmeiro de Noia se tivese que realizar baixo o protocolo anticovid, este ano a oitava edición chega con todas as garantías e coa volta á normalidade. Deste xeito o concello noiés terá o vindeiro 20 de agosto a oportunidade de poñer en valor a música e a vestimenta tradicional, grazas á colaboración dos veciños.
