O incendio forestal do Barbanza (A Coruña), que arrasa unhas 2.200 hectáreas, iniciouse na cheminea dunha vivenda particular, segundo a investigación realizada pola Policía Autonómica. O atestado da investigación foi remitido ás autoridades xudiciais, de modo que o asunto atópase xudicializado. De tal forma, o Goberno galego solicita «máxima prudencia á cidadanía no relativo á realización de actividades que poidan provocar lumes forestais».
