O Ministerio de Sanidade volve facer un chamamento á cidadanía para que acuda a doar sangue no verán, dado o maior número de desprazamentos nesta época, e lembra a importancia que teñen estas doazóns para levar a cabo múltiples tratamentos e intervencións cirúrxicas.Así, expresan que «é unha necesidade permanente na asistencia sanitaria». Insisten en que a doazón é «vital» para a subministración de compoñentes sanguíneos aos hospitais, nestas semanas de maiores desprazamentos polas vacacións.
