Traballar para impulsar o destino Barbanza Arousa como un punto de referencia turística. Este é un dos obxectivos que persegue a Mancomunidade na que se xuntan os concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo e para o cal están a desenvolver diferentes iniciativas. Unha delas é catro carreiras, unha meta,que se recupera logo da ausencia obrigada pola covid.
