O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou esta mañá na reunión convocada polo Ministerio de Educación y FP para presentar o novo sistema de acceso á Universidade. Unha xuntanza na que o representante da Xunta de Galicia reclamou “un novo modelo de ABAU xusto, uniforme e que garanta a igualdade de oportunidades”.
