Os helicópteros e radares (fixos, de tramo e móbiles) da DXT denunciaron a 42.202 condutores por exceso de velocidade na campaña de control especial levada a cabo entre os días 4 e 10 deste mes. O dato supón unha porcentaxe do 5,6% de todos os vehículos controlados, un lixeiro repunte respecto ao 5,2% que se rexistrou hai agora un ano. Os veciños da comarca, opinan sobre este tipo de campañas e a ubicación de certos radares.
