Hai catro anos naceu unha nova ruta de peregrinación cara a Santiago de Compostela que comeza no Faro de Corrubedo e pasa tamén polos concellos da Pobra, Boiro e Rianxo. Chamado como o camiño A Orixe, xa que é o punto onde entrou o apóstolo na barca de pedra. Dende a Mancomunidade Barbanza Arousa estase a realizar unha grande aposta por este percorrido polo que o están potenciando por mar e terra.
