A terceira edición do curso auxiliar de cociña desenvolvido pola asociación Amicos puxo hoxe o seu punto e final. Esta iniciativa forma parte do programa “Más Empleo” no que tamén colaboran a Fundación La Caixa e o Fondo Social Europeo. Oito alumnos estiveron aprendendo durante 10 días parte dos segredos dos fogóns da man do cociñeiro Miguel Mosteiro.
