O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Consello do Goberno galego vai activar proximamente unha liña de axuda para poñer en marcha novos centros de fabricación avanzada. O obxectivo é facilitar o desenvolvemento de iniciativas que redunden “nunha mellora da competitividade empresarial de Galicia”, sinalou Rueda, quen indicou que se van a destinar 15 millóns de euros a estas achegas.
