O imposto á banca volve estar sobre a mesa. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este martes na tribuna do Congreso un tributo extraordinario para o sector polos beneficios extra obtidos pola futura subida dos tipos de interese. Así mesmo, tamén se levará a cabo un importo sobre as empresas enerxéticas. Os barbanzás sinalan que isto pode provocar efectos negativos nos cidadáns.
