12.3 C
Chicago
23 octubre, 2026

O NOIA PORTUS APOSTOLI RENOVA A LLUC PARA O DEBUT NA PRIMEIRA DIVISIÓN NACIONAL.

Chegou na 2019/2020 e continuará aumentando o seu periplo como noiés na 2022/2023. Lluc Parera seguirá vestindo de branco por cuarta campaña consecutiva, esta vez co ambicioso reto do debut na Primeira División.
86 partidos oficiais disputou Lluc desde que no verán de 2019 fixésese oficial a súa fichaxe polo Portus Apostoli desde Viña Albali Valdepeñas. Polivalencia, compromiso e intensidade son algunhas das palabras que se axustan ao á catalán, que ata o de agora conseguiu sumar 20 goles en Liga, 1 en PlayOff de ascenso e 3 en Copa Galicia coa camiseta noiesa.
Co que será o seu cuarto curso no Agustín Mourís, Lluc desmárcase como un dos xogadores máis experimentados no vestiario noiés, gañándose o posto de segundo capitán e o privilexio de lucir o brazalete en varios encontros.
A de Lluc é a sexta renovación para o Noia Portus Apostoli FS 22/23 e a oitava cara confirmada en vistas á tempada máis ilusionante e histórica do club.

Related posts

ANGELLO VÁZQUEZ PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO NEOPROFESIONAL DE BOXEO TRAS VENCER A ISMAEL RIVEIRO NA VELADA SKT FIGHTERS

CloudyX

O ROTOGAL BOIRO ENFRENTASE ESTE FIN DE SEMANA AO LÍDER INDESCAR ZARAGOZA NA SÚA CASA

CloudyX

O PUEBLA E O NOIA BUSCAN A VITORIA NA CASA E O DUMBRÍA A DOMICILIO NUNHA XORNADA DECISIVA EN PREFERENTE FUTGAL

CloudyX