A Plataforma Barbanza en defensa da sanida pública organizou no día de onte unha charla debate no Lustres-Rivas de Ribeira. Baixo o título “Unha radiografía da atención primaria”, o médico de familia de SOS sanidade pública de Vigo, Manuel González Moreira, expuxo algúns dos principais problemas cos que se atopa o servizo.
