A Xunta de Galicia destaca a importancia de traballar conxuntamente cos concellos. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, afirmou que coidar do entorno supón tamén coidar da saúde, o que tamén vai ligado á economía. Neste senso recordou que os gobernos locais contan con ferramentas para poder recibir máis axudas de parte da Xunta.
