A Pobra contará con máis candidatos nas vindeiras eleccións municipais que se celebrarán o próximo ano. Hoxe presentouse un novo partido político coas siglas VIP, pertencentes a Veciños Independentes da Pobra. A través deste proxecto, os seus impulsores buscan dar unha nova alternativa aos veciños.
