A Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero xa é unha realidade na Pobra. A última Xunta Local de Seguridade acordou a constitución deste organismo, que hoxe se xuntou por primeira vez. Entre os seus principais obxectivos atópase a prevención e sensibilización deste tipo de violencia.
