O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño. Na xuntanza, Rueda pediulle un traballo conxunto para cumprir coas expectativas que Galicia ten postas nos fondos europeos destinados a proxectos industriais.
