A sardiña é unha especie das máis populares no verán xa que enche os pratos en numerosas ocasións, sobre todo a véspera e o día de San Xoán. A frota galega do cerco comezou a capturala en abril para que os barcos pequenos puideran traballar, rexistrando un valor baixo nas lonxas.
