A Consellería de Sanidade informou hoxe de que se remitiron ao Instituto de Saúde Carlos III mostras de tres casos sospeitosos de varíola do mono. Ademais oito comunidades estudan máis de medio centenar de casos sospeitosos desta enfermidade, habendo xa confirmados 34 en España, a súa totalidade en Madrid. Na comarca, os veciños afirman que, polo de agora, non hai medo a unha nova pandemia.
