O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Grupo de Investigación GenVIP do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Nese escenario o titular do Goberno galego precisou que se implantarás as vacinas da meninxite B, contra o papiloma e a antigripal tetravalente para os cativos de ata 12 anos de forma gratuíta.
