O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, visitou o Concello para anunciar que a Consellería de Emprego e Igualdade financiará con máis de 439.000 euros a contratación de 76 persoas desempregadas en concellos da comarca do Barbanza; dos cales, 59 (200.000 euros) destinaranse á tarefa de socorristas e 17 (238.000 euros) contrataranse, a través do programa Aprol Rural, para que poidan levar a cabo tarefas de prevención de incendios como son a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, limpeza de montes e xestión de biomasa. O Concello de Noia contará con 4 socorristas e 2 incorporacións do programa Aprol rural grazas a un investimento global de 40.380 euros.
