20 noviembre, 2026

A CONSELLEIRA DO MAR EN FUNCIÓNS ALERTA QUE A CADEA MAR-INDUSTRIA DE GALICIA ESTÁ AMEAZADA POR DECISIÓNS DO GOBERNO CENTRAL.

A conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana, visitou hoxe as depuradoras Mariscos Linamar e Mariscos Daporta no porto de Tragove, en Cambados, para analizar a situación na que se atopan tralo informe emitido por Costas do Estado que cuestiona a súa continuidade en terreos portuarios. A súa situación, aseverou, vén a confirmar o que o Executivo galego leva denunciando desde 2019, que as decisións do Goberno central neste sentido poñen en risco o futuro da cadea mar-industria de Galicia. Só neste caso, no do porto de Tragove, vense afectadas tres depuradoras e arredor de 300 empregos.

Related posts

AS POLÍTICAS DE IGUALDADE CENTRARON O DEBATE NA SESIÓN DE CONTROL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CloudyX

O PARLAMENTO DE GALICIA APROBOU A LEI DE EDUCACIÓN DIXITAL DE GALICIA

CloudyX

ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO DEFENDEU EN SANTIAGO A SÚA PROPOSTA PARA PRESIDIR ESPAÑA

CloudyX