23 noviembre, 2026

O TEATRO, O CINE E A MÚSICA PROTAGONIZARÁN ESTA FIN DE SEMANA A PROGRAMACIÓN CULTURAL NA COMARCA

Os municipios do Barbanza celebrarán numerosas actividades culturais nos vindeiros días. Mañá, día 6, A Pobra contará coa presentación do libro “Arthur Rimbaud. Iluminacións Unha tempada no inferno” e da inauguración dunha exposición de Manuel Teira. O acto terá lugar na casa de cultura Raquel Fernández Soler ás 20.30 horas.
A sala arcos moldes do Auditorio de Rianxo acolle mañá a partir das 21.00 horas a proxección do filme ROMPENTE, de Eloy Domínguez Senén. O sábado tamén se desenvolverán dúas actividades máis no mesmo espazo. Ás 12.00 presentaranse os poemarios de Ricardo Seixo  e ás 20.30 horas desenvolverase un concerto homenaxe a Brea Segade da man de Manuel Tubío e Carmen Tubío.
En Boiro tomará o protagonismo o Maio Vintage, onde a música, a artesanía e os obradoioros tomarán a rúa peonil ao longo de todo o día.
O centro recreativo de artes será o escenario onde se desenvolva o sábado o concerto Ramona Órbita, de Pakolas. Está destinado par aun público infantil e familiar que comezará ás 19.00 horas.
Noia aposta polo teatro nesta fin de semana. O sábado ás 20.30 horas o grupo Teatro do Atlántico subirase ao escenario do teatro coliseo Noela coa obra “Libre coma os paxaros”. A representación durará 75 minutos e a entrada é libre ata completar aforo.

Related posts

O BNG ESIXE SOLUCIÓNS URXENTES AOS PROBLEMAS DO TRANSPORTE PÚBLICO REXISTRADOS NA COMARCA

CloudyX

O MEXILLÓN REDUCE A SÚA CALIDADE DESPOIS DO VERÁN

CloudyX

A FEDERACIÓN GALEGA DE NATACIÓN BUSCA LÍDER

CloudyX