A conselleira de Emprego e Igualdade en funcións, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións de Congalsa do polígono da Pobra do Caramiñal. A conselleira enxalzou o traballo que está a desenvolver a empresa de elaboración de produtos precociñados do mar, referente en Galicia.
