A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, detallou esta mañá no Parlamento galego o proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga. A titular do departamento explicou que busca a coordinación das administracións para mellorar a prestación dos servizos.
