Tras dous anos de parón pola pandemia, a feira de maior impacto internacional de produtos do mar
regresa cunha nova localización, a Seafood Global Expo desembarcará en Barcelona do 26 ao 28 de abril. A edición número 28 será a máis grande ata a data, reunindo a máis de 29.000 profesionais e 2.000 expositores de 89 países. Ocupando a caseta 3I900, Congalsa aposta pola continuidade dunha cita na que conflúen os principais operadores do sector a nivel mundial.
Entre as novidades de Congalsa para a feira destaca Nowtural, a nova gama de produtos de conveniencia de Congalsa pensada para facilitar o consumo das 3-4 racións de peixe semanais recomendadas polos expertos en nutrición. Unha proposta formada por tres pratos de peixe con guarnicións sas e equilibradas e tres hamburguesas aderezadas con ingredientes orixinais e sorprendentes.
A proposta de valor que a compañia quere trasladar con Nowtural non se cingue só á alimentación saudable e a conveniencia, se non que pon de manifesto o compromiso da empresa coa sustentabilidade. Estes son os atributos que fixeron destacar a Nowtural entre os 81 candidatos aos premios Excellence Global Awards, valéndolle o nomeamento na categoría de retail. Os galardóns entregaranse na xornada inaugural da feira o 26 de abril.
