Romper fronteiras, unir culturas. Estes son dous dos obxectivos que perseguen o IES A Pobra e o instituto de idiomas Luvech, de Bulgaria, co Erasmus+. Unha vintena de alumnos e tres profesoras búlgaras atópanse estes días na Pobra, realizando un intercambio estudantil e tamén de culturas.
